Unanimidade na lingua pero con matices

Pontevedra> O uso do galego estivo hoxe moi presente no pleno da corporación en Pontevedra xa que o BNG presentou unha moción para o cumprimento da normativa vixente en materia de normalización lingüística. Unha moción que foi aprobada por unanimidade pero con apreciacións dende Ciudadanos que criticou o nome que o goberno nacionalista lle por a algúns eventos da cidade do Lérez como Capital Shopping ou Film Comission ou dende En Marea que lembrou que algúns documentos do concello están redactados en español. 

 

O pleno desta mañá tivo algún momento de tensión cando o concelleiro do Partido Popular falou sobre os contratos do concello con empresas de Pontevedra. 

Nun pleno no que se aprobou a moción nacionalista para apoiar a adhesión á rede de cidade pola Bicicleta e no que tamén se deu luz verde a outra moción do BNG para o cumprimento efectivo da normativa vixente en materia de normalización lingúistica que obriga aos concelleiros a utilizar o galego nos plenos. 

Unha moción aprobada por unanimidade pero con apreciacións dende ciudadanos que criticaron certos nomes de eventos da cidade do Lérez. 

A puntilla tamén chegou dende en Marea que quixo lembrar que algúns documentos do concello do BNG están redactados en español. 

E critica tamén dende as filas popualres que non creen que nesta materia haxa ningún problema 

Un pleno no que tamén se aprobaron entre outras cousas  a conta xeral do 2015, a modificación do cadro de persoal do concello ou unha modificación puntual do PXOM. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/29/pleno_ponte_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/29/pleno_ponte.mp4{/flowplayer}