Pontevedra> Concretamente, dende a organización deste salón de educación, dende Aempe, contan con que máis de 5 mil estudantes pasen por este espazo co fin de coñecer, descubrir ou resolver algunha dúbida sobre o seu futuro profesional. Hoxe quixemos falar con eles para preguntarlles que é exactamente o que veñen a buscar a esta sétima edición de EDUGAL.
Un salón que conta con numerosos puntos de información, algo moi ben valorado polos estudantes que ao longo destes días percorren o Recinto Feiral.
Ainda que entre tantos eloxios tamén nos atopamos con algunha crítica, xa que os alumnos interesados en carreiras de letras consideran que estas formacións teñen pouca representación nesta cita.
Un evento onde nos podemos atopar de todo un pouco
Xa o saben ata este venres 9 de abril no Recinto Feiral de Pontevedra poderán desfrutar de toda a oferta e programación desta sétima edición de EDUGAL.