Un equipo de profesionais orientará os desempregados na busca de traballo en ‘Ponte ao choio!’

PONTEVEDRA> Un proxecto de asesoramento integral para apoiar ás persoas desempregadas na busca dun traballo. Falamos de Ponte ao Choio, un programa que impulsa a concellería de Promoción Económica de Pontevedra. No seu marco un equipo de profesionais axudarán a dotar de ferramentas ás persoas para optimizar as súas posibilidades de inserción laboral. Será os días 17 e 18 de decembro na Casa das Campás.

O concello de Pontevedra pon en marcha Ponte ao Choio! Unha iniciativa que busca axudar ás persoas desempregadas na busca dun posto de traballo. O obxectivo é orientalas para que optimicen a súa imaxe e poidan venderse mellor.

Trátase dun programa de asesoramento integral no que un equipo de expertos axudará a estas persoas a afrontar diferentes tarefas do proceso de busca, de xeito que os participantes teñan un papel activo.

A iniciativa desenvolverase en dúas xornadas na Casa da Luz. Será os días 17 e 18 de decembro. Baixo os títulos Que dice teu currículo de ti? E Como afrontar unha entrevista de traballo, os profesionais Noela Quintana, consultora en recursos humanos e formadora, Beatriz Císcar, fotógrafa profesional, e Damián Pazos, experto na confección de currículos en vídeo, orientarán aos participantes na busca de emprego.

Os interesados en participar en Ponte ao Choio poden inscribirse no mail ponteaochoio@gmail.com .

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí