Caldas avanza na construción do Edificio Multiusos

CALDAS> A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva asinou, en Caldas de Reis, un convenio do Plan de Reequilibrio Territorial, co alcalde da vila. Esta sinatura supón o primeiro paso para a construción da nova escola de música para Caldas.
Caldas de Reis terá unha nova instalación para a súa Escola de Música. A presidenta da Deputación de Pontevedra, asinou, este xoves, un convenio, co alcalde da vila, no que a administración provincial e a local se comprometen para sacar a diante unha nova construción que albergue, ademais da Escola de Música, unha Escola Taller e outros usos municipais.
Carmela Silva, sinalou a importancia de este tipo de proxectos ao abeiro do Plan de Reequilibrio, co que se intenta salvar as carencias daqueles concellos de menos de 20.000 habitantes.
A presidenta aproveitou a ocasión para facer un chamamento a Xunta de Galicia para pedir un fondo local para os concellos.
A nova instalación caldense ten un orzamento de preto do millón de euros, do que a Deputación de Pontevedra aportará uns 790.000 euros e o concello preto dos 200.000.