![]()
PONTEVEDRA> En Pontevedra os policías estiveron de celebración. O Día da Policía reuniu a numerosos rostros coñecidos dos Corpos de Seguridade de Estado na provincia, autoridades políticas e xurídicas e a familiares dos policías que foron condecorados polos seus anos de entrega a garantir a seguridade cidadá.
Numerosos rostros coñecidos da provincia, déronse cita este luns en Pontevedra, para celebrar o Día da Policía. Unha celebración na que o comisario principal da cidade, Manuel Bouzas, recoñeceu que os delitos e faltas diminuíron no municipio un -6,1 %.
A pesar de estes datos positivos, o comisario Bouzas, recoñeceu que non se poden relaxar e que seguirán traballando. Ademais recoñeceu a existencia dunha serie de melloras estruturais que esperan que solucionar nos vindeiros anos.
Preguntado por cal seria a área a mellorar, o comisario non o dubidou; a seguridade cidadá.
Este luns uns 11 policías recibiron as cruces en sinal de recoñecemento aos seus anos de entrega para garantir a seguridade cidadá, nun acto no que ademais estiveron presentes, o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, o Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello e o presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, Francisco Javier Menéndez, entre outras autoridades policiais.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/03/peza_dia_policia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/03/peza_dia_policia.mp4{/flowplayer}









