Portos promociona ‘Cruceiros Costeiros de Galicia’ en La Rochelle

FRANCIA> Esta fin de semana, Portos de Galicia repetiu presenza no Salón de La Rochelle, en Francia. Dende o stand da Xunta, pensado para dar a coñecer a oferta de turismo náutico na nosa comunidade, o ente promocionou unha das súas últimas apostas: Cruceiros Costeiros de Galicia.

 

Os Cruceiros Costeiros de Galicia non faltaron a unha das citas máis importantes da náutica de recreo. Esta fin de semana, a proposta deuse a coñecer no Salón de La Rochelle, en Francia.

Dende Portos de Galicia fixeron fincapé na alta calidade desta oferta, que busca posicionarse nos países do arco atlántico europeo a través dunha imporante labor de promoción.

Ademais da presentación oficial no stand da Xunta de Galicia, Portos repartiu diferente material promocional entre os participantes na feira. Un esforzo importante, refrendado pola relevancia do país galo no mundo do turismo náutico.

Na feira tamén estiveron representados diferentes instalacións náuticas galegas, entre elas o Náutico de San Vicente de Pedras Negras ou o de Combarro. O obxectivo último, segundo explican dende a Xunta, é establecer contactos comerciais e posibilidades de negocio internacional.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/03/salon_rochelle_francia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/03/salon_rochelle_francia.mp4{/flowplayer}