UGT e Comisións seguirán na rúa para demandar un sistema público de pensións e de calidade

Pontevedra>Convocados polos sindicatos Comisións Obreiras e UXT, medio centenar de persoas xubiladas , acompañados por delegados sindicais, concentrábanse ante a Subdelegación do Goberno durante o mediodía deste martes 2 de outubro  co fin de reclamar melloras e a viabilidade so sistema público de pensións.

Comisión e UGT manifestáronse esta mañá ás portas da Subdelegación de Pontevedra co fin de demandar un sistema público de pensións e de calidade. Un sistema onde, dixeron, aínda queda moito por mellorar.

Unha concentración onde deixaron claro que o 30 por cento dos fogares se sustentan cos ingresos das pensións, e un acto onde tamén deixaron patente a necesidade da creación dun bono social.

Dende estes sindicatos teñen claro que continuarán coas súas reivindicacións na rúa ata que consigan o seu cometido, e se confirme un sistema público de pensións de calidade.