Vitriño négase a declarar no xuízo que comezou esta mañá

Pontevedra> Despois de catro suspensións nos últimos anos, a última delas no día de onte, a Audiencia Provincial de Pontevedra, abríu hoxe o xuízo contra dez persoas por tráfico de drogas na comarca do Salnés.  A  maioría dos acusados prestaron declaración pero tres deles, entre os que se atopa Vitriño, amparáronse ao seu dereito a non declarar nesta primeira xornada do xuízo. 

 

Hoxe co tribunal ao completo e o a bancada dos acusados tamén comezou o xuízo na Audiencia Provincial de Pontevedra contra dez persoas por tráfico de drogas, especialmente de cocaína, na comarca do Salnés nuns feitos que se remontan ao ano 2008. 

Un dos acusados máis famosos é Victor Manuel, coñecido como Vitriño que se amporou no seu dereito de non prestar declaración. 

pese a isto o Fiscal, que pide catro anos e medio de cárcere para Vitriño e unha multa de 60 mil euros, quixo sacar a luz numerosas conversas do acusado que o relacionaban directamente co tráfico de drogas

A Fiscalía pide un total de 57 anos de cárcere para os dez acusados. Os irmáns Juan Miguel e José Luis son os que se enfrontan a unha pena maior, o primeiro a nove anos de prisión e o segundo a sete anos e media. 

 Esta mañá todos os acusados tiveron o seu turno para defenderse. Un xuízo que continuará nos vindeiros días xa que a Sección segunda da Audiencia ten reservada a sala durante toda a semana. 

Unha operación que foi dirixida pola unidade de delicuencia e crime organizado da policía nacional de Pontevedra ao ter noticias acerca da venta de cocaína e heroína na zona de influencia de Vilagarcía. Foi a a través da vixianza a un grupo de presuntos narcotraficantes cando puideron abortar diversos cambios de droga e se decomisaron dous kilos de cocaína. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/04/xuizo_vitrino.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/04/xuizo_vitrino.mp4{/flowplayer}