A Deputación encherá de actividades a Vía Verde para promocionala e poñela en valor

SALNÉS> A Deputación de Pontevedra dá por rematada a súa actuación na Vía Verde do Salnés. Esta tarde, presidenta e representantes dos concellos de Caldas, Portas e Vilagarcía celebraron un acto simbólico de inauguración deste trazado. Todos incidiron no importante papel que terá como reclamo dun turismo sustentable, ademais de ser a primeira vía verde que transcorre de xeito íntegro nunha única comunidade.

9,2 quilómetros de trazado que son un percorrido pola historia ferroviaria galega, e que agora se convirten nun reclamo turístico de primeiro nivel. A Deputación de Pontevedra dá por rematada a súa actuación na Vía Verde do Salnés.

Despois de tres anos de traballos entre a Deputación e os concellos de Vilagarcía, Caldas e Portas, hoxe as tres administracións celebraron un acto simbólico de inauguración deste proxecto, que nace da colaboración institucional.

Os alcaldes confían en que esta vía sexa un dinamizador dos municipios implicados, atraendo un turismo de calidade.

Agora a intención da presidenta provincial é encher de actividades o trazado, para promocionalo e poñelo en valor.