O Concello de Pontevedra contará con dúas liñas de transporte urbano

PONTEVEDRA> Pontevedra deu hoxe un paso importante de cara a implantación do transporte urbano. O Concello e a Xunta de Galicia reuníronse esta mañá e fixaron un novo convenio. Trátase de dúas liñas urbanas que nacerán en Monte Porreiro e que darán servizo a Montecelo e ao barrio do Burgo.

Estas son as dúas liñas de transporte urbano que o Concello e a Xunta de Galicia acordaron implantar en Pontevedra. As dúas terán unha duración de media hora e substituirán as 4 liñas que existen actualmente na cidade. A azul partirá da rotonda de Rosalía de Castro, pasará por Montecelo e rematará en Monte Porreiro.

A segunda liña partirá da estación de autobuses, dará servizo aos veciños do Burgo e rematará tamén en Monte Porreiro. O que queda agora por establecer son as paradas das dúas liñas e as tarifas correspondentes.

Malia que neste convenio quedan aínda moitos interrogantes por resolver, o que está claro é que o Concello asumirá unicamente as liñas que considera como urbanas, quedando fora, por tanto, a que vai a Marín. En definitiva, un transporte que dará servizo a Montecelo, que pasará polos centros de saúde e por todos os centros administrativos da cidade e no que se manterá a frecuencia de autobuses de Monte Porreiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí