Unha exposición repasa os 75 anos do Pontevedra

PONTEVEDRA> Dende hoxe e ata o 6 de xaneiro a planta baixa do Pazo Provincial acolle a exposición sobre o 75 aniversario do Pontevedra Club de Fútbol . Unha mostra onde poderán ver trofeos, recortes de xornais, equipacións… todo tipo de elementos doados polo propio equipo, por seareiros e por ex xogadores que rememoran estes 75 anos de historia. 

 

75 anos de historia dan para moito e como non, tamén, para unha exposición sobre o Pontevedra Club de Fútbol. Unha mostra comisariada polo xornalista Xabier Fortes que poderán ver na planta baixa do Pazo Provincial, alí verán equipamentos, recortes de xornais, trofeos…. Todo tipo de elementos que rememoran estes 75 anos de historia. 

Dende o concello de Pontevedra, o alcalde, descarou a humildade e realismo deste equipo de fútbol e tamén o esforzo de moitas entidades para permitir que o Pontevedra esté na segunda división B. 

A presidenta da deputación destacou a forza e o sentimento que esperta o Pontevedra Club de Fútbol. 

Xa o saben ata o vindeiro 6 de xaneiro poderán desfrutar desta exposición no Pazo Provincial de Pontevedra. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/10/aniversario_ponte_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/10/aniversario_ponte.mp4{/flowplayer}