Corenta curtas optarán ós premios da XVII Mostra Vila de Noia

    NOIA> O festival desenvolverase do 21 ó 30 de outubro, e como vén sendo habitual nos últimos anos, contará coa presenza de destacados actores e directores do mundo do cinema. Esta mañá presentábase no concello unha nova edición, a décimo sétima, da Mostra de Curtas Vila de Noia. O festival desenvolverase do 21 ó 30 de outubro, cun esquema semellante ó realizado nestes últimos anos. Aínda así dende a organización destacaron algunha que outra novidade, como o feito de trasladar a gala de entrega dos premios a un sábado. Será finalmente o día 29, ás dez da noite no Teatro Coliseo Noela. Ás diferentes categorías do Festival presentáronse máis dun milleiro de traballos, chegados dende diferentes países, dos que o xurado elixiu un total de 40. Un feito que evidencia a importancia do certame. Ademáis das proxección dos films seleccionados, a Mostra contará novamente con moitas actividades complemetarias como é o caso da CurtaCativa,dirixidaósmáispequenos, mesas redondas, charlas, exposicións e taménestreas, O montante económico dos premios a repartir rondará os dez mil euros, dos cales una boa parte irán para amellor curta que se presente ó festival. Tamén serán distinguidos noutras categorías, o mellor documental de creación, a mellor curta de animación, o premio especial do público ou á mellor curta comarcal. Senesuqecertampouco ámellor dirección, ómellorguión, ouómellor actor e actriz.