Placemaking Europe desembarca en Pontevedra para preparar as súas xornadas sobre o espazo público

PONTEVEDRA> Conta atrás en Pontevedra para acolle-la Placemaking Europe. A cita será a finais de setembro, pero hoxe desembarcou na cidade o consello internacional desta fundación. Ademais de planifica-lo congreso, tamén queren coñecer Pontevedra, xa que será un dos obxectos de estudo das xornadas.

O Consello internacional da Fundación Placemaking Europe xa planifica, sobre o terreo, as futuras xornadas do mes de setembro. Os seus integrantes están dende hoxe en Pontevedra. Isto permítelles comezar a deseña-las xornadas e, ao mesmo tempo, coñecer polo miúdo modelo urbano da cidade. Antes de botarse ás rúas, foron recibidos polo alcalde.

A estadía do consello internacional desta fundación durantes estes días en Pontevedra, permitiralles aprender como se foi xestando o modelo da Boa Vila. Tamén fomenta-lo intercambio de experiencias.

A Placemaking Europe celebrarase a finais de setembro coa participación de entre 300 e  400 profesionais internacionais, expertos no ámbito dos espazos públicos e das cidades. O congreso centrarase no espazo público e as estratexias urbanas.

Esta mesma tarde os representantes da Placemaking e o alcalde participaron nunha conferencia sobre estratexias urbanas. Foi na igrexa do convento de Santa Clara, converténdose así no primeiro evento que acolle este espazo dende a súa incorporación ao patrimonio público de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí