PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra reformará a cabeceira sur da Ponte do Burgo. O alcalde presentou esta mañá o proxecto, valorado nuns 1,2 millóns de euros. A intervención contempla a construción dunha gran praza de pedra, a posta en valor dos restos arqueolóxicos que hai na zona e a eliminación de dous dos catro carrís de tráfico neste punto.
Pontevedra mellorará a cabeceira sur da Ponte do Burgo.
O alcalde presentou esta mañá o proxecto, valorado nuns 1,2 millóns de euros. Contempla a construción dunha gran praza de pedra.
Nesta contorna tamén se tomarán medidas de calmado do tráfico. No cruzamento da Avenida de Uruguai coa Ponte do Burgo, reducirase o número de carrís de circulación. Pasando de catro a dous, dando prioridade aos peóns.
O proxecto contempla tamén a posta en valor dos restos arqueolóxicos que hai na contorna. Construirase unha pasarela transparente que conectará coa ponte do Burgo sobre a muralla e o antigo peirao.
O concello traballa actualmente na elaboración do proxecto.