As distraccións ao voltante, causa de tres de cada dez accidentes mortais na provincia de Pontevedra

PONTEVEDRA> A provincia de Pontevedra rematou 2021 con 25 vítimas mortais nas estradas. Un número superior respecto aos dous últimos anos. O que baixa, iso si, é o número de accidentes mortais. As distraccións ao voltante son a causa de tres de cada dez accidentes mortais na provincia.

Balance de tráfico agridoce na provincia de Pontevedra no pasado 2021. Redúcese o número de accidentes mortais, pero aumentou o número de vítimas. O pasado ano perderon a vida na rede viaria 25 persoas.

O que se reduce é o número de accidentes mortais. Outro dato a ter en conta é que o número de usuarios vulnerables reduciuse de novo. Ademais, as distracións ao volante xunto co consumo de substancias, seguen a ser causas principais dos accidentes.

Ademais, aumentou o número de condutores sancionados, superando os 3.000. O que se reduce é o número dos que foron postos a disposición xudicial, pasando de 8 a tan só 3.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí