PONTEVEDRA> Comezan as rebaixas de xaneiro. Os comercios de toda Galicia volveron a encherse hoxe dos mellores descontos e ofertas. En Pontevedra, as rebaixas chegaron pisando forte xa que todos os establecementos estiveron cheos de clientes durante toda a xornada.
Volven as bolsas, os descontos e as ofertas a Pontevedra. A Boa Vila arrancou hoxe as rebaixas de xaneiro por todo o alto. A rúa Benito Corbal estivo chea de xente durante toda a xornada e esta era a imaxe máis repetida ás portas de todos os establecementos.
De media, cada pontevedrés gastarase nestas rebaixas uns 200 euros e, coma sempre, a roupa é o máis demandado.
E aínda que a maioría dos pontevedreses aproveitan estas rebaixas para gastar o diñeiro nas grandes cadeas…
Esta é tamén unha boa data para fomentar o comercio local.
E como cada ano, os cidadáns aproveitan estas rebaixas de xaneiro para cambiar algúns dos agasallos do Nadal.
Este ano máis ca nunca é importante manter a responsabilidade, porque aínda que estas imaxes poidan recordarnos ás veces á vella normalidade, non podemos esquecer que o coronavirus segue presente.