Cambados prepara o Mercado das Pulgas para fomentar a economía circular cos obxectos de segunda man

CAMBADOS> Cambados organizará na praza de San Gregorio o mercado das pulgas. Unha feira ambulante no que a veciñanza poderá vender os obxectos que xa non utiliza. O evento ten como finalidade fomentar a economía circular evitando que acaben no lixo aparatos que aínda teñen vida útil.

O concello de Cambados porá en marcha o vindeiro día 24 unha nova iniciativa, o mercado das Pulgas. Unha feira ambulante destinada á veciñanza para que poidan vender os obxectos que non utilizan.

O mercado terá lugar na Praza de San Gregorio co obxectivo de dar vida á praza e fomentar a economía circular favorecendo ao medio ambiente.

Todos os veciños de Cambados e doutros puntos da comarca poden anotarse para participar no mercado de forma totalmente gratuíta. Os postos só están dispoñibles para particulares e non para profesionais nin empresas. Quen si disporá do seu propio stand serán o refuxio de animais e Galiciame.

O mercado estará aberto, en principio, durante toda a xornada do domingo 24 na praza de San Gregorio. Unha zona que está obras pero que estará completamente lista para a primeira edición do mercado das pulgas.