Pontevedra. A presidenta da deputación falou alto e claro esta mañá sobre o pacto ambiental de ENCE e sobre o parque de maquinarias. En primeiro termo Silva dixo que ela non admite invitacións de ningunha empresa privada e en segundo lugar, sobre o conflito co parque de maquinarias, a presidenta confirmou que xa se deu de baixa en Comisións Obreiras porque lle parece unha falta de respecto a maneira na que están abordando este asunto.
Alto e claro, así quixo falar esta mañá a presidenta de deputación, en primeiro termo, mensaxe ao Vicepresidente da Xunta, Rueda onte dixo que non sabía a opinión da Deputacións sobre a posible remodelación do Pazo de Lourizán para a contrucción dun centro de investigación forestal financiado por Ence, pois ben sobre este asunto en primeiro lugar Carmela dixo que non tiña constancia de nada e que se Rueda quere saber e lle interesa saber cal é o seu posicionamento que a chame e pechen unha reunión para analizar este asunto.
Sobre a invitación dende a dirección de ENCE para que a deputación se unise a comisión do pacto ambiental desta fábrica Carmela Silva dixo que a presidenta non aceptaba invitacións de empresas privadas.
En relación a outro asunto, ao parque de maquinarias, e sobre o acordo que queren poñer enriba da mesa dende Comisións Obreiras Carmela Silva dixo que non quería falar sobre este asunto que lle da tristeza como un sindicato con tanta historia pode tratar deste xeito un tema destas características
Un tema o do parque de maquinaras que levou a Carmela Silva a darse de baixa en Comisións Obreiras.
Carmela Silva, para rematar, quixo lembrar que na deputación de Pontevedra se acabaron os privilexios e que esta mañá era a ultima vez que falaba deste asunto porque non lle vai a volver a respostar ao señor Piñeiro.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/14/carmela_depo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/14/carmela_depo.mp4{/flowplayer}