Noia acollerá este domingo a IV Carreira BTT Ría de Noia

NOIA> Noia acollerá este próximo domingo, trece de marzo, a cuarta carreira de BTT Ría de Noia. A proba, que está organizada polo Club Ciclista Toxo, contará cunha participación próxima ós catrocentos corredores, o que significará un récord de asistencia. Dende a organización agradécese a colaboración prestada por diversas entidades, así como tamén polos concellos de Lousame e Noia, en especial este último, xa que sen a súa axuda non podería celebrarse. Desde o executivo noiés, o seu edil de Deportes, Ramón Santos, destacou a importancia desta carreira, que teñen intención de seguir potenciando e que así se poida converter nun referente a nivel autonómico, pola súa magnifica organización e pola beleza do seu percorrido.