As obras na rúa meca Alexandre Bóveda remataran a mediados de xullo

O GROVE> O concello de O Grove xa está inmerso en diferentes melloras de humanización. As portas da temporada estival os obreiros traballan a contrareloxo para afectar o menos posible aos cidadáns, xa que é nesta época do ano, na que se rexistra o maior incremento de poboación. O alcalde, José Antonio Cacabelos, acudiu este mércores, a visitar as melloras que se están realizando na rúa meca Alexandre Bóveda.
O concello de O Grove xa comezou as obras de humanización da rúa Alexandre Bóveda, unha intervención que terá un orzamento que supera os 200.000 euros, e que tal e como confirmou o seu alcalde, esperan que este rematada no entorno do 10 de xullo.
Mellorar a súa imaxe, os seus servizos e garantir a mobilidade dos peóns son os principais obxectivos de esta mellora.
Cacabelos tamén se referiu as críticas que dende as filas da oposición están facendo referidas a rúa meca, que suporá a circulación nunha sola dirección, unha situación que para algúns veciños e os grupos municipais suporás un caos para o tráfico.
Beirarrúas máis anchas, unha mellora do firme e un mellor aspecto da rúa Alexandre Bóveda virá a sumarse ao proxecto de humanización que dende o consistorio están a promover, tal e como afirma o alcalde.