A Deputación de Pontevedra presenta “As 62 razóns para vir ás Rías Baixas”

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra presentará mañá en Madrid as 62 razóns para vir ás Rías Baixas. Farao nun acto de promoción con turoperadores, revistas especializadas e blogueiros e presentarán o Libro dos porqués onde se recollen as propostas dos 62 concellos da provincia.

 

Trala boa acollida da presentación que a Deputación de Pontevedra fixo en FITUR coa ruta da arquitectura contemporánea, a institución volve a Madrid para presentar unha nova iniciativa de promoción turística que inclúe non só as características xerais da provincia senón tamén unha particularidade de cada un dos 62 concellos que a compoñen.

O acto terá lugar no restaurante Atlántico que Pepe Solla ten na capital e alí reunirán a turoperadores, a revistas especializadas e a blogueiros para que descubran o destino Rías Baixas. A eles se lles fará entrega do libro dos porqués que incorpora todas as propostas e algunha que outra sorpresa.

No acto tamén estarán os alumnos de varios centros de formación profesional en hostalería que axudarán a Pepe Solla coa sobremesa e o gañador do goya polo mellor son na pelicula O Descoñecido, David Machado.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/02/depo_ptac_turismo_madrid.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/02/depo_ptac_turismo_madrid.mp4{/flowplayer}