A Pobra estudara novas medidas para evitar os accidentes nas piscinas do río Pedras

POBRA> Nestas últimas semanas os equipos de emerxencias tiveron que acudir ó lugar ata en dúas ocasións a consecuencia de caídas de turistas.

Imaxes coma esta, dun rescate no entorno das piscinas naturais do río Pedras, volvéronse repetir ata en dúas ocasións nas últimas semanas. Trátase dun espazo singular ó que cada ano acoden centos de veciños e turistas a visitalo. O incremento do número de visitas,  aumentou tamén o número de accidentes na zona, na maioría dos casos por caídas e escorregadas.

Nos últimos anos o Concello procedeu á instalación de carteis e nova sinalética para advertir ós visitantes dos perigos que poden existir, na súa maior parte por imprudencias que en moitos casos acaban cun resultado tráxico.

O executivo pobrense non descarta introducir outras medidas para tratar de evitar este tipo de desagradables sucesos. Unha delas podería ser solicitar que a zona fora declarada como praia fluvial e así poder acceder á axudas para a contratación de sorristas.