Presentan unha denuncia no TSXG polo peche ao tráfico da rúa Raíña Vitoria

PONTEVEDRA> AEMPE, AJE, a Cámara de Comercio e HOEMPO denuncian ante a Xustiza o peche ao tráfico da rúa Raíña Vitoria. Estas catro asociacións adheríronse a un recurso contencioso administrativo presentado, a título particular, polo avogado Evaristo Estévez. O pontevedrés non quixo desvelar aínda os fundamentos xurídicos deste recurso.

Eles son os representantes das catro asociacións empresariais de Pontevedra que se adheriron ao recurso contencioso administrativo presentado polo avogado Evaristo Estévez contra o bando de Alcaldía polo que se decretou o peche ao tráfico da rúa Raíña Vitoria. A Cámara de Comerio, Hoempo, Aje e Aempe quixeron manifestar así, unha vez máis, o seu rexeitamento a esta medida.

O recurso foi presentado o pasado 22 de novembro ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Evaristo Estévez non quixo deixar claro hoxe cales son os fundamentos xurídicos nos que se basea este recurso, pero recoñeceu que non se solicitarán medidas cautelares contra esta medida municipal.

Tanto as asociacións empresariais que se adheriron ao recurso, como o avogado Evaristo Estévez, esperan que tras este feito o Concello abra unha mesa de diálogo con todos os afectados polo peche desta rúa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí