Sinatura do préstamo sen xuros dende a Deputación para O Grove, Vilanova, Valga e Cuntis

Pontevedra> E na Deputación de Pontevedra tamén se asinou esta mañá os préstamos sen xuros para os concello de O Grove, Cuntis, Valga e Vilanova. Uns préstamos que chegan aos setecentos cincuenta mil euros e que irán destinados a melloras as zonas afectadas  polas inundacións en Cuntis, polo temporal en Valga, para afrontar o pagamento de facturas pendentes en Vilanova ou para novos servizos para os veciños no Grove.

 

A Presidenta da Deputación asinou esta mañá os préstamos sen xuros para os concellos de O Grove, Cuntis, Valga e Vilanova, unha liña de crédito que se leva a cabo por primeira vez dende a Deputación en réxime de concorrencia competitiva e cun préstamos que suma máis de setecentos mil euros. 

En Valga o préstamos chega aos 60 mil euros e irá destinado a mellorar os danos causados polo temporal. 

En Cuntis o préstamos ascende aos 100 mil euros será investido en mellorar o estado dos camiños danados polas inundacións. 

No Grove o préstamo será de 400 mil euros e estará centrado nas melloras nos servizos dos veciños deste concellos 

E xa por último en Vilanova de Arousa o préstamos sen xuros será de 200 mil euros destinado a facer fronte ao pagamento de facturas pendentes que ten o concello.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/19/prestamo_depu_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/19/prestamo_depu.mp4{/flowplayer}