Este próximo venres arranca a Mostra de Teatro de Ribeira

    RIBEIRA> Como novidade é que por primeira vez participará una compañía de fóra da comunidade, o grupo Pez en Raya de Madrid. Trátase dunha das actividades fixas na programación cultural en Ribeira, debido fundamentalmente a súa boa acollida entre a veciñanza. A mostra de teatro ribeirense arranca xa este venres coa primeira función a cargo da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña de Narón. Será a única compañía afeccionada das sete que participarán este ano. O resto unha escolma das mellores montaxes profesionais que se están a representar en tódolos escenarios da nosa comunidade. Coma novidade este ano a presenza dunha compañía de fóra de Galicia, a compañía de Cristina Medina, Pez en Raya, coa obra A grito pelao. As función serán tódolos venres ás nove e media da noite dende o 21 de outubro ó 2 de decembro. Coma tódolos anos as persoas que desexen asistir deberán retirar a súa entrada media hora antes da función ata encher aforo. A entrada será de balde.