VALGA> Valga e Rianxo acollen unhas xornadas centradas nos viños das Indicacións Xeográficas Protexidas. Entre elas, a IXP do Barbanza e Iria. A cita busca divulga-las características deste selo de calidade, co obxectivo de consolida-la súa posición no sector vitivinícola. Na primeira das xornadas tamén houbo tempo para aborda-lo seu marco normativo e as potencialidades da futura Lei da calidade alimentaria que está a elabora-la Xunta.
Hoxe foron e Rianxo e onte en Valga. Ambas localidades comparten estas xornadas centradas no impulso dos viños das Indicacións xeográficas protexidas. Sobre a mesa, a súa consolidación no sector e o seu encaixe no marco normativo.
Tamén se abordaron as potencialidades da futura Lei da calidade alimentaria, que busca que este tipo de produtos acaden unha nova dimensión no mercado, ao tempo que dinamizan o rural. Un aspecto que valoran, e moito, dende os distintos Grupos de Desenvolvemento Rural que participan no evento, entre eles o do Salnés Ulla-Umia.
E á promoción do produto hai que engadir tamén a capacidade de remar cara ao mesmo lado. Para iso, aquí tamén se abordaron cuestións relativas ao asociacionismo, que sirva para uni-lo sector.
As xornadas van continuar este vindeiro sábado, en Boiro. No Pazo de Goiáns vaise instalar un Túnel do viño, onde profesionais e público xeral poderán coñecer de preto os viños 15 adegas das catro IXP de viños de Galicia, entre elas -por suposto- a do Barbanza e Iria.