Varela mantén que a presión fiscal para os vilagarciáns baixará de cara ao 2017

    VILAGARCÍA> O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, Mantén que a presión fiscal para os vilagarciáns baixará de cara ao 2017. Así o recoñeceu, este xoves, nunha rolda de prensa. 

     

    O pleno do pasado luns no que se aprobaron as ordenanzas para o 2017, continúa a dar que falar. Este mércores o alcalde acompañado da edil Luz Ábalo comparecían ante os medios locais para insistir na rebaixa da presión fiscal de cara ao ano entrante. 

    Luz Abalo na súa comparecencia recoñeceu que o baixar o tipo é unha medida para rebaixar o “catastrazo que se está sufrir”, e que supón que aumente o valor catastral dos inmobles. Ademais falou do establecemento dunha liña de axudas para beneficiar a familias con dificultades económicas que non poidan asumir o custe do imposto. 

    Durante a súa comparecencia Varela apelou a coherencia, e volveu a recorrer a hemeroteca para responder ao portavoz popular Tomás Fole, que este mércores, afirmou que o IBI podería reducirse aínda máis. 

    Dende o goberno local aseguran que das 30 ordenanzas mantéñense 27, e baixan as tres restantes:o IBI, o IAE, e o lixo e alcantarillado. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/20/varela_resumen_pleno_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/20/varela_resumen_pleno.mp4{/flowplayer}¡