A Deputación pon en marcha “Pontevedra provincia na túa cesta”, unha campaña de promoción do produto local

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra pon en marcha a iniciativa “Pontevedra provincia na túa cesta”. Unha campaña de promoción do produto local que arrancará mañá nas redes.

Xerar oportunidades de consumo de proximidade, apoiar aos produtores e reivindicar o seu traballo e promover a gastronomía da provincia entre a cidadanía. Eses son os principais obxectivos da campaña “Pontevedra provincia na túa cesta”. Unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que arrancará mañá co lanzamento dun vídeo nas redes sociais.

Cos cancelos #Saboreaonosocampo ou #Saboreaanosahorta, a Deputación de Pontevedra subirá diariamente contidos especiais nas súas plataformas co obxectivo de animar á cidadanía a apostar polos produtos locais. Deste xeito, preténdese contribuír á reconstrución do comercio facendo fincapé no valor da nosa materia prima.

A iniciativa “Pontevedra provincia na túa cesta” complementarase a mediados de mes cunha segunda campaña. Neste caso a institución provincial centrarase na promoción do comercio local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí