Pontevedra acollerá este venres a Festa do Atletismo Galego con deportistas de gran prestixio

PONTEVEDRA> Chega a Festa do Atletismo Galego a Pontevedra. A capital da provincia acollerá este venres a quinta edición deste evento. Unha cita na que participarán un centenar de atletas de gran prestixio.

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva acollerá este venres a gran Festa do Atletismo. A cita arrancará ás 19:30h da tarde e polo pavillón pontevedrés pasarán un centenar de atletas de fama internacional. Arantza Moreno, Lidia Parada, Jean Marie Okutu ou Javier Cobián son algúns dos deportistas que non se perderán este evento.

Con motivo da crise do coronavirus, todos os que queiran seguir este ano a festa do atletismo deberán facelo dende a casa xa que non está permitido a asistencia de público. Ademais, todos os participantes deberán seguir estritamente o protocolo marcado pola Xunta de Galicia.

Na festa do atletismo non faltarán tampouco as categorías sub-16, algo que parecía imposible co protocolo que marcou a Xunta.

O evento poderá seguirse a través da canle de Youtube do Club de Atletismo Rías Baixas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí