A AECC pon en marcha un novo programa de apoio para pacientes illados

PONTEVEDRA> A Asociación Española Contra o Cancro pon en marcha un programa específico de apoio a pacientes oncolóxicos que viven en situación de illamento social. Unha iniciativa que, coa pandemia, faise máis necesaria ca nunca.

A Asociación Española Contra o Cancro acaba de poñer en marcha un programa específico para os pacientes oncolóxicos que viven en situación de illamento social. A iniciativa consiste en achegar aos núcleos rurais de alta dispersión poboacional os servizos deste colectivo.

Coa pandemia, este programa faise máis necesario ca nunca xa que moitos dos pacientes oncolóxicos optaron polo autoconfinamento ante o medo a contaxiarse da Covid.

O programa ten tres obxectivos principais. O primeiro, ofrecer atención psicolóxica a todos os pacientes. O segundo, desenvolver actuacións sociais que permitan cubrir todas as súas necesidades e, por último, responsabilizar ao resto da poboación.

Este programa desenvolverase en comarcas como a do Salnés, centrándose nos núcleos de menos de 10.000 habitantes. A previsión da Asociación Española Contra o Cáncer é atender a unhas 300 persoas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí