O executivo ribeirense achegará as actividades para adultos ás parroquias

    RIBEIRA> A oferta estenderase este ano ós núcleos de Oleiros, Aguiño, Castiñeiras e Palmeira. Co fin de achegar o deporte ás parroquias do municipio, a concellería de Deportes de Ribeira vai iniciar en novembro un programa que posibilitará ós veciños de Oleiros, Aguiño, Castiñeiras e Palmeira poder realizar diversas actividades deportivas para adultos. en total serán cinco propostas, entre as que se atopan cardiofit, acondicionamento físico ou pilates. Cada unha das actividades terá un custe mensual de 16 euros. Dende o Concello confíase en que teñan unha boa aceptación e así poder estendelas ó resto de parroquias en anos vindeiros. O prazo de inscrición xa está aberto ata completar grupos. Para máis información ou inscrición os interesados poden consultar a páxina web www.riveira.gal.