A POBRA> Ós pobrenses que este Nadal realicen as súas compras na praza de abastos poden saírlle de balde as ceas de Noiteboa ou Noitevella. O concello volve poñer en marcha a campaña das caramiñas no mercado coa que premiará a fidelidade dos clientes da praza con dous sorteos que repartirán un total de 2400 euros.
O concello da Pobra pon en marcha unha nova edición da campaña Volta o Nadal en colaboración coa Asociación da praza de abastos da localidade. Ademais de incentivar as compras de proximidade no propio mercado, ofrecerán ós clientes a posibilidade de que unha das ceas deste Nadal lles saia de balde.
A campaña desenvolverase entre o 2 e o 21 de decembro, periodo durante o que as persoas que realicen as súas compras na praza pobrense recibirán un boleto por cada dez euros de compra.
Realizaranse dous sorteos:o 16 e o 23 de decembro dos que saíran un primeiro premio de 400 euros, dous de 200 e catro terceiros de 100 euros. serán en total 2400 euros a trocar nos distintos postos do mercado











