O BNG de Boiro esixe a retirada da modificación dos coeficientes redutores ós mariñeiros

    BOIRO> Dende a formación nacionalista sinalan que os criterios aplicados por Fomento son totalmente discriminatorios, afectando a un gran número de mariñeiros embarcados en buques que faenan en augas internacionais. A través dunha moción presentada xa no concello, o BNG de Boiro pide a retirada da modificación dos coeficientes redutores que pretende aplicar a Dirección da Mariña Mercante no réxime de xubilación dos mariñeiros embarcados na flota de altura e gran altura. A medida de levarse a cabo afectaría a un gran número de traballadores do mar. Dende o BNG pídese ademáis o cese do Director Xeral da Mariña Mercante por incompetente e por descoñecer a realidade da pesca.