O executivo murarán levará a pleno mañá a rebaixa do IBI

    MUROS> O gravame fixado prevé unha rebaixa do do 0’6% ó 0’5% na urbana e do 0’6% ó 0’3% na rústica. Tal e como se comprometeran cos veciños no seu día, o executivo muradán levará mañá xoves a pleno proposta da baixada do Imposto de Bens Inmobles. Así a rebaixa estipulada sitúase do 0’6% ó 0’5% na urbana e do 0’6% ó 0’3% na rústica. Segundo afirmou a propia alcaldesa, Mª Xosé Alfonso,báixase todo o que nestos momentos permite a lei debido á situación económica na que se atopa actualmente o concello, comprometéndose a baixala ó 0,4%, en canto se remate de dar cumprimento ó Plan de Axuste imposto polo Goberno Central na anterior lexislatura. No pleno de mañá tratarase tamén a modificación da ordenanza fiscal da taxa polo servizo de extinción de incendios e outras actuacións municipais de emerxencia. Esta modificación permite recoller a posibilidade da exención no pago nos casos de mala situación económica e que non haxa seguro, tal e como propoñía o actual grupo de goberno cando estaba na.Levarase tamén a modificación da ordenanza reguladora do imposto de vehículos de tracción mecánica. O imposto sube lixeiramente e inclúese a modificación necesaria para a exención do imposto por parte das persoas con minusvalía. Con todo, dende o Concello sinalan que esta taxa en Muros, xunto co de Carnota, segue a ser a máis baixa da comarca.