Cambados incentiva as compras nos negocios locais coa campaña 3×2

CAMBADOS> Cambados lanza a campaña 3 x2 para apoiar á hostalería e o comercio local. A asociación de comerciantes zona centro coa colaboración do concello poñen a disposicións dos clientes bonos de compra de 30 euros a un prezo de 20. A campaña estará dispoñible ata o 5 de xaneiro.

Dous dos sectores máis afectados pola pandemia están sendo os pequenos comercios e, especialmente, a hostalería. Para activar ambos sectores, dende zona centro de Cambados, poñen en marcha a campa 3×2. Unha iniciativa mediante a cal os clientes pagarán 20 euros por un bale de compra con valor de 30 euros, recibindo así 10 euros gratis para facer as súas compras.

Con esta campaña zona centro porá a deposición dos clientes interesados 600 bonos de compra. O que supón 18 mil euros para consumir no comercio e na hostalería local de Cambados.

Zona centro e Concello únense nesta campaña para fomentar a compra nos pequenos negocios de Cambados.

A promoción comezou hoxe e estará dispoñible ata o 5 de xaneiro. Os interesados poden adquirir os bonos na oficina de zona Centro, na inmobiliaria e seguros Noval ou na inmobiliaria e seguros Juan Rey.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí