Mar incorpora oito drons para tarefas de salvamento e loita contra a contaminación mariña e o furtivismo

BARBANZA> Os novos medios estarán distribuídos nas bases que o Servizo de Gardacostas ten na Coruña e Vigo e tamén para desprazamentos itinerantes por toda a costa, nos servizos centrais e na embarcación Paio Gómez Chariño.

A consellería do Mar mellorará a loita contra a contaminación mariña e o furtivismo coa incorporación de oito drons, catro aéreos e catro submariños. O departamento que dirixe Rosa Quintana segue así a a liña marcada nos últimos anos de ir renovando os medios dos que dispón para a realización destas tarefas.

Os drons estarán distribuídos nas bases que Gardacostas ten na Coruña e Vigo e tamén nos servizos centrais de Santiago e na embarcación itinerante Paio Gómez Chariño. Nestes dous últimos casos son para os desprazamentos itinerantes por toda a costa.

O novo equipamento supuxo un investimento total de preto dos 22 mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí