O executivo de Sanxenxo prevé reducir o IBI ao 0,46

    SANXENXO> O concello de Sanxenxo presentou, este mércores, en rolda de prensa a súa proposta para rebaixar o Imposto de Bens e Inmobles. Gonzalo Pita aproveitou a ocasión para recordarlle ao Partido Popular a herdanza recollida polo actual executivo, que a súa vez, segundo o alcalde afirma, condiciona a capacidade do Concello de Sanxenxo a hora de rebaixar os impostos. 

     

    O alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita afirmou en rolda de prensa, que proporá unha baixada do Imposto sobre Bens e Inmobles do 0,48 actual, ao 0,46. Unha lixeira baixada, que segundo o alcalde ten que ver cun exercicio de responsabilidade. 

    Pita recoñeceu a solicitude por parte de outras forzas unha rebaixa maior ata chegar ao tope que marca o informe de intervención. Pola súa banda o edil de Facenda, David Otero, sinalou a necesidade de facer fronte a pagos herdados de anteriores lexislaturas e acusou ao Partido Popular de facer demagoxia e intentar que o goberno non dispoña de capacidade económica. 

    As reaccións a estas declaracións non se fixo esperar, e na sede do Partido Popular en Sanxenxo, Marcos Guisasola aparte de anunciar a intención do seu partido de solicitar unha baixada ao 0,44 do IBI, acusou ao actual goberno de non saber xestionar a vila, e tildou de excusas os seus argumentos para non reducir máis o IBI. 

    O Concello levará a súa proposta ao pleno de este venres, a espera de poder aprobar finalmente esta baixada. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/26/ibi_sanxenxo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/26/ibi_sanxenxo.mp4{/flowplayer}¡