O goberno de Vilagarcía valora positivamente as medidas tomadas durante os dous anos de mandato

VILAGARCIA> A construción do novo centro de saúde, ao igual que o proxecto de abrir Vilagarcía ao mar, son dúas das promesas electorais que levará a cabo o goberno local grazas aos acordos co Porto de Vilagarcía. Estas iniciativas, xunto coas medidas levadas a cabo durante a pandemia, levan ao goberno de Varela a facer un balance positivo no ecuador do seu segundo mandato.

O Partido socialista recuperou o goberno de Vilagarcía no ano 2015. Tras un primeiro mandato gobernando en minoría, nas eleccións do 2019, o equipo de Varela acadou a maioría absoluta. No ecuador desta segunda etapa, o executivo vilagarcián fai un balance positivo das medidas levadas acabo. Entre elas, destacan as iniciativas enfocadas a loitar contra a pandemia.

Durante a pandemia o goberno de Vilagarcía tamén creou os bonos Son da Casa. Unha iniciativa que naceu para quedarse.

Á marxe da pandemia, o goberno de Varela conseguiu acadar diferentes acordos co Porto para cumprir con dúas das súas promesas electorais: construír un novo centro médico e abrir Vilagarcía ao mar.

Continuando coas medidas levadas a cabo no mandato anterior, o concello de Vilagarcía tamén aposta por unha vila humanizada e sostible.

Precisamente con este modelo de cidade continuará traballando o executivo socialista. A estas iniciativas hai que sumarlle a construción da futura biblioteca municipal no edificio do Casino e o respaldo aos diferentes eventos culturais que se levan a cabo na vila para desestacionalizar o turismo. Toda esta información será enviada aos vilagarciáns a través de 14 mil trípticos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí