O concello ribeirés aposta por un novo obradoiro de emprego

    obradoiroemprego_100_290507.jpgRIBEIRA > O concello pretende poñer en marcha un novo obradoiro de emprego para levar a cabo a eliminación das barreiras arquitectónicas nas parroquias.

    O obradoiro, cuxa solicitude xa foi aprobada na última Xunta Local de Goberno, tería tres especialidades: pavimentador con lastros, carpintería e xardinería.

    As principais actuacións do módulo de pavimentador con lastro serían, xunto coa mellora na accesibilidade nas parroquias o mantemento das fontes do municipio. Polo que respecta ó módulo de carpintería o que se pretende é o mantemento do mobiliario urbano e a dotación de estruturas de madeira para cubertas de lavadoiros de titularidade municipal, mentres que o de xardinería levaría a cabo o axardinamento e o mantemento de parques e xardíns públicos.

    Dende o executivo ribeirés valórase este tipo de programas públicos de emprego-formación que teñen como finalidade a inserción laboral de persoas desempregadas de 25 ou máis anos, mediante a súa cualificación en alternancia coa práctica profesional en ocupacións ou actividades de utilidade pública ou interese social.

    Para a eliminación de barreiras arquitectónicas o Concello contou coa colaboración da Asociación de Minusválidos do Barbanza (AMBAR), posto que as persoas con Mobilizade Reducida son os principias beneficiarios da accesibilidade do contorno.

    Redacción Barbanza