Detidos dous pobrenses por cultivo de marihuana

POBRA> A Garda Civil detivo a dous veciños da localidade acusados de ter unha plantación de marihuana nun invernadoiro anexo á súa vivenda. As plantas eran de gran tamaño cun peso de 121 quilos.

A detención destas dúas persoas por parte da Garda Civil realizouse no marco da operación ‘Motogreen’, que se puxo en marcha despois de ter coñecemento da posible existencia dunha plantación de marihuana na zona.

Segundo informaron fontes do propio Instituto Armado a plantación estaba situada nun invernadoiro anexo á vivenda dos dous arrestados. Estaba composta por unha gran cantidade de plantas de cánnabis de gran tamaño, que se atopaban en plena floración.

Os prendidos, xunto coas actuacións realizadas e os efectos incautados, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira. Están acusados dun presunto delito contra a saúde pública na súa modalidade de tráfico de drogas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí