A Bonoloto deixa un novo millonario en Lourido con 2,4 millóns de euros

POIO>  A sorte deixou unha boa pegada en Lourido, en Poio. Un boleto da Bonoloto selado na administración Rosa resultou premiado con 2,4 millóns de euros no sorteo do luns 17 de maio. Que fora día festivo e con pouca clientela fai que a responsable do establecemento, María Rosa, pense que o agraciado pode ser alguén da zona.

O 3, o 4, o 6, o 11, o 12 e o 32 son os novos números da sorte do agraciado no sorteo da Bonoloto do luns. O boleto gañador selouse en Poio, en concreto na administración Rosa de Lourido, e foi premiado con 2,4 millóns de euros.

María Rosa seguía celebrando hoxe a boa nova. Non se coñece a identidade do gañador, pero ela sospeita que puido ser un veciño da zona. Unha alegría dobre, máis aínda nestes tempos de crise.

Non é o primeiro gran premio que dá esta administración poiense, pero si o de maio contía. Para o anterior temos que remontarnos ao 2018, cando o sorteo da Primitiva deixou máis de 783.000 euros.

Coa inxección de optimismo renovada, esta loteira agarda dar por terceira vez un premio millonario e xubilarse co sentimento do traballo ben feito e da sorte ben repartida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí