O borrador dos orzamentos chega a oposición con boa sintonía

Pontevedra> Dende as filas nacionalistas de Pontevedra presentaron esta mañá o borrador dos orzamentos do 2017 á oposición. Nunha reunión que durou máis de media hora e da que o voceiro do Goberno saíu satisfeito  por atopar unha actitude positiva neste encontro por parte da oposición. 

 

O borrador dos orzamentos para o 2017 xa están nas mans dos grupos da oposición dende esta mesma mañá. Dende o PSOE chamoulle a atención que non se especifiquen o fin dos créditos nin tampouco as inversións da Deputación. Agustín Fernández deixou claro esta mañá que o Goberno deberá decidir se quere pactar coa esquerda ou a dereita. 

Dende Ciudadanos dixo que estudarán a proposta e que lles gustaría que fose uns orzamentos máis participativos.

Dende as filas populares aplauden a decisión do goberno nacionalista de reunirse cos veciños para presentarlles estas contas e anunciaron que van a analizar estes orzamentos en positivo. 

Dende En Marea non quixeron realizar declaracións alegando que non tiña nada que aportar e dende o Goberno Local saíron satisfeitos deste encontro do que dixeron atoparon unha actitude positiva por parte da oposición. A vindeira semana comezarán as reunións con todos os grupos políticos e o voceiro do goberno tamén anuniciou que ademais das reunions coa federación de veciños de Castelao e do Teucro tamén convocarán un consello económico social para presentar este borrador dos orzamentos. 

Raimundo González tamén quixo destacar algún dos puntos destas contas, como por exemplo o investimento de 2 millóns de euros en instalacións deportivas, 825 mil euros en arranxos dos pavillóns e no inicio do novo pavillón na Parda e un investimento de 675 mil euros para o parque Forestal de A Francha e Campañó. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/02/borrador_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/02/borrador.mp4{/flowplayer}