Pontevedra> A Praza da Ferrería en Pontevedra encheuse de cor e de moito ambiente ao longo desta xornada co seu tradicional mercado de flores centrado na celebración do día de defuntos. 145 postos estiveron presentes hoxe na cidade do Lérez e moitos deles continuarán tamén mañá ata ao mediodía co fin de facilitarlle o traballo a cidadanía pontevedresa.
Moita cor, moita flor e moito ambiente foi o que puidemos ver hoxe na Praza da Ferrería de Pontevedra coa celebracións do seu tradicional Mercado das flores centrado no día de defuntos. Unha cita a que asisten 145 florerías da provincia.
A flores máis demandadas nesta xornada son as seguintes…
E se falamos de flores tamén falamos de demandas dende as florerías que cren que este mercado debería comezar a súa celebración na fin de semana
Pese as demandas temos que dicir que a xente amosábase encantada con este Mercado das Flores en Pontevedra.
Xa o saben se aínda teñen que realizar o centro para este día de defuntos, queren mercar algunha flor ou simplemente desfrutar do ambiente e da cor da Praza da Ferrería poden facelo ata mañá ao mediodía neste céntrico punto da cidade do Lérez.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/31/mercado_flores_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/31/mercado_flores.mp4{/flowplayer}