O VIII Obradoiro de Hostalería de O Salnés pecha a súa primeira edición en Sanxenxo

    O VIII Obradoiro de Emprego de Hostalería de O Salnés votou este martes o peche. Os alumnos desta actividade organizada pola Mancomunidade de O Salnés recibiron un diploma acreditativo da formación adquirida nun acto ao que asistiu o Conselleiro de Economía, Francisco Conde, e que foi presidido polo alcalde de Sanxenxo e tamén responsable da área de turismo da Mancomunidade de O Salnés, Gonzalo Pita. A formación no eido da hostalería é unha aposta segura para conseguir un sector de calidade nunha comarca, na que na actualidade o 30% da ocupación laboral está representada polo sector hostaleiro. Unha situación da que son coñecedores dende a Mancomunidade de o Salnés, e pola que este martes se clausurou a VIII Edición do Obradoiro de Emprego de Hostalería de O Salnés. Un acto no que uns 20 alumnos recibiron a súa acreditación, despois de formarse en cociña e sala durante seis meses e percibir o salario mínimo interprofesional. Unhas habilidades, as acadadas por estes alumnos, moi apreciadas polo sector da zona, o que permite unha colocación laboral de case o 100% da promoción. Ao acto que se celebrou na sede do propio obradoiro no Porto Deportivo de Sanxenxo asistiron numerosos rostros da política comarcal, do sector, da Mancomunidade de O Salnés, o delegado da Xunta na provincia de Pontevedra e Conselleiro de Industria. Este último confirmou que a próxima edición do obradoiro pasará a durar 9 meses, e recolleu a petición que o alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, lle fixo, sobre a posibilidade de ampliar o número de prazas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/21/clausura_obradoiro_hostaleria_sanxenxo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/21/clausura_obradoiro_hostaleria_sanxenxo.mp4{/flowplayer}