O Porto de Vilagarcía bate récords movendo máis de 1,5 millóns de toneladas de mercadorías no 2021

VILAGARCIA> O Porto de Vilagarcía bate o seu récord de mercancías movidas con máis de 1,5 millóns de toneladas. Por categorías, as mercadorías xerais con máis de 800 mil toneladas, e os contedores, con máis de 400 mil, foron os que máis produtos trasladaron. Destaca tamén o regreso dos cruceiros coa visita de catro buques.

O Porto de Vilagarcía pechou o 2021 cuns números de récord. A pesar da pandemia, a autoridade portuaria foi capaz de mover máis de 1,5 millóns de toneladas de mercadorías, superando o mellor rexistro que databa do 2019.

Por categorías, as mercancías xerais superaron as 800 mil toneladas, destacando o taboleiro e o alumino, os contedores superaron as 400 mil, onde destaca o aceite que por primeira vez superou as 100 mil toneladas.

O 2021 tamén foi un ano positivo para o porto polo regreso dos cruceiros a Vilagarcía.

Dende a Autoridade Portuaria sinalan como claves do éxito a eficacia e o desempeño dos traballadores e consignatarios do porto e a confianza das empresas da contorna.

Con estes datos, a Autoridade Portuaria afronta o 2022 con ilusión e con novos proxectos, como a ampliación da rede dentro do Porto ou a integración porto cidade que permitirá atracar aos cruceiros na zona do Ramal.