O Hospital Provincial continúa co seu proceso de integración

Pontevedra> Concello de Pontevedra e SERGAS asinaron es mañá o convenio mediante o cal dende a Xunta ceden os terreos para a integracións dos espazos fronte ao Hospital Provincial coa nova praza peonil da rúa Loureiro Crespo. Uns traballos que dende o concello agardan poder comezar antes de finais de ano.  

 

Os traballos para integrar os espazos que hai fronte ao Hospital Provincial coa nova praza peonil Loureiro Crespo comerazán antes de finais de ano despois de que esta mañá SERGAS e concello asinasen o convenio mediante o cal dende a Xunta se lle ceden estes terreos á cidade do Lérez. 

Dende o SERGAS anunciaron que con estes traballos tamén se levará a cabo neste mes de novembro o traslado da actual caseta do Centro de Transfusión do Hospital Provincial que pasará a contar cunhas instalacións máis amplas e adecuadas. 

Dende o SERGAS tamén anunciaron que continúan traballando no Plan Funcional do que agardan ter noticias nos vindeiros meses e en relación ao parking do Hospital Provincial anunciaron que en canto rematen estes traballos a zona de estacionamento chegará de forma inmediata. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/02/provincial_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/02/provincial.mp4{/flowplayer}