Os veciños de Cacheiro estrean un centro social moderno e con espazos exteriores

PONTEVEDRA> Os veciños de Cacheiro, na parroquia pontevedresa da Canicouva, estrean centro social. Trátase dun edificio de nova construcción, que aproveita un pequeño espazo en solo público. Ademais do espazo interior, os centro conta con dúas áreas verdes e unha zona de terraza.

Os veciños de Cacheiro, na parroquia da Canicouva, xa presumen de centro social. Hoxe recibiron do concello de Pontevedra o edificio que dará servizo ás preto de 30 familias que viven na zona.

O centro construíuse aproveitando unha parcela que a veciñanza empregaba para xuntanzas comunitarias. Ademais de ofrecer espazo interior, tamén conta con dúas pequeñas áreas verdes e unha zona de terraza.

O alcalde pontevedrés aproveitou a visita para agradecer aos veciños a súa colaboración na elaboración do proxecto.