Rescatan unha anciá que sufrira un derrame cerebral na súa casa

CAMBADOS> Policía Local e Protección Civil de Cambados rescataron este mediodía unha anciá da súa vivenda. A muller levaba dous días tirada no chan dunha das habitacións e foi a súa filla a que deu a voz de alarma.

 

Foi a filla desta veciña de Cambados de 79 anos a que deu a voz de alarma. Segundo explicou á Policía Local, levaba dous días sen ter noticias da súa nai, que vive na rúa San Francisco.

Xa no interior da vivenda, os axentes atoparon á anciá tirada no chan dunha das habitacións. Estaba consciente, aínda con síntomas de esgotamento. Non presentaba sinais de violencia.

Segundo o persoal sanitario que a atendeu na propia vivenda, a muller puido sufrir un accidente cerebro bascular. Unha vez estabilizada, foi trasladada ao Hospital do Salnés.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/03/rescate_ancia_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/03/rescate_ancia_cambados.mp4{/flowplayer}