Detidos dous pobrenses por narcotráfico

POBRA> A Garda Civil detido a dous pobrenses como autores dun delito de tráfico de drogas. Os detidos abastecían a toxicómanos da comarca do Barbanza desde unha vivenda da Pobra. Na operación interviñéronse, ademais de estupefacientes, diñeiro en efectivo e diversos obxectos de procedencia ilícita.

 

 

As detencións tiveron lugar na Pobra do Caramiñal no marco da Operación “Abrenova”. Efectivos da Garda Civil de Boiro detiveron onte a dous homes, naturais do municipio, de 59 e 40 anos. Impútaselles un delito de tráfico de drogas e outro de receptación. Durante as investigacións previas púidose comprobar que nunca casa da localidade víñase producindo a venda de estupefacientes de xeito habitual. Durante a inspección realizada onte nesta vivenda alugada da Rúa Nova da Pobra, coñecida como o Supermercado da Vila, os investigadores incautáronse de 60 doses de cocaína e heroína. Ademais, no interior da vivenda atopáronse obxectos procedentes doutros roubos sucedidos na comarca, que poderían ser o medio de pago pola droga subministrada. Interviñéronse tamén   básculas de precisión, teléfonos móbiles e cartos en efectivo. Para os veciños desta rúa da Pobra, estas detencións non foron ningunha sorpresa. Elas agardan que con estas detencións volve a tranquilidade ás súas casas. Para a operación foi necesaria a colaboración de “Obama”, can do servizo cinolóxico de Pontevedra, que localizou os lugares onde se ocultaba a droga. Está previsto que os dous detidos pasen a disposición do Xulgado de Instrución Número 3 de Ribeira.