A POBRA> A Pobra ampliará a súa oferta formativa para este curso con numerosas actividades culturais. Engádese este ano un obradoiro de teatro musical impartido pola asociación cultural Mimarte. Haberá tamén clases de baile, música e pintura.
Potenciar a creatividade e a expresión artística dos pobrenses. Este é o obxectivo do programa formativo que porá en marcha o concello da Pobra este inverno en colaboración con diversas agrupacións culturais.
A principal novidade será a incorporación dun obradoiro de teatro musical impartido por ‘Mimarte’ que mestura interpretación, canto e baile.
Terán continuidade tamén as clases de baile a cargo da escola El Tomasón así como as ensinanzas musicais da asociación cultural ESMU con clases individualizadas e especialidades de grupo.
Ofertaranse tamén clases de pintura par agrupos de adultos con Paola García e para nenos impartidos por Aida López.
Xa está aberto o prazo de inscrición en tódolos cursos agás na escola do música que se fará efectivo a partir do día 20.